Exploración da estrada AC-163 (Sada-Mera) mediante tecnoloxía de inspección automatizada

AXENCIA GALEGA DE INSFRAESTRUCTURAS (AXI)
Abril 2025

No mes de febreiro, AGUIA levou a cabo a exploración da estrada AC-163, no tramo que conecta Sada con Mera, co obxectivo de identificar danos no pavimento mediante tecnoloxía de recoñecemento automático de imaxes.

O traballo consistiu na adquisición de imaxes aéreas cun dron DJI Mavic 3 Enterprise, seguida da análise e validación dos datos, o cálculo do PCI (Índice de Condición do Pavimento) e a interpretación dos resultados.

Inspeccionouse un tramo total de 10,51 km, no que se detectaron diversas tipoloxías de danos, como fochancas, escarnaduras, fendas de bordo, fendas lonxitudinais e transversais, parcheados, pel de crocodilo e peladuras.

A actuación foi considerada un éxito grazas á eficiencia do traballo de campo e á consistencia dos resultados obtidos, reforzando así o valor das solucións de AGUIA para a xestión intelixente de infraestruturas viarias.