Funcionalidades

Como resultado da inspección da estrada, o sistema SPA (Smart Pavement Analytics) proporciona a seguinte información:

Medición de lonxitudes de greta e área de danos

SPA realiza medicións de lonxitudes de greta e áreas do resto de defectos directamente a partir das imaxes, ao longo de miles de quilómetros e con precisión centimétrica

Imaxes actualizadas das estradas

AGUIA achega as fotos obtidas nos voos, de maneira que se poidan revisar as condicións da estrada de maneira totalmente independente da análise automática. Igualmente, os detalles dos defectos apreciaranse con precisión centimétrica.

PCI - Pavement Condition Index

SPA proporciona o PCI segundo a norma ASTM D6433–23, "Standard Practice for Roads and Parking Lots Pavement Condition Index (PCI) Surveys", a partir dos defectos do pavimento detectados polos algoritmos de intelixencia artificial.
A gradación do estado do pavimento, segundo as categorías incluídas no ASTM, permitirán a priorización do mantemento.

Xeorreferenciación dos defectos

A información xeográfica das imaxes é procesada coidadosamente por SPA, o que lle permite proporcionar a localización precisa de todos os resultados, incluíndo os valores calculados de PCI ou cada un dos defectos identificados no pavimento.

Integración en xemelgo dixital / GIS

SPA proporciona os resultados das inspeccións nun informe técnico. Grazas á xeorreferenciación dos datos, os resultados xéranse ademais en formatos compatibles coas plataformas GIS máis habituais, facilitando tamén a integración en diferentes formatos de xemelgo dixital.