06.06.2025

AGUIA participa nun proxecto piloto con drons para servizos rurais na Ribeira Sacra

A tecnoloxía de AGUIA súmase a unha iniciativa pioneira impulsada por INECO e o Clúster SIAM que explora o uso de drons en zonas rurais para servizos esenciais.

AGUIA tivo a honra de participar nun proxecto piloto desenvolvido na Ribeira Sacra, promovido por INECO en colaboración co Clúster SIAM. Este ensaio busca validar o uso de drons para ofrecer servizos esenciais en contornos rurais, como o envío de paquetes, a agricultura de precisión, as emergencias e a inspección de infraestruturas.

Durante a xornada, AGUIA presentou a súa solución SPA – Smart Pavement Analytics, demostrando a súa aplicación para o seguimento intelixente do estado das estradas mediante visión artificial e intelixencia artificial. Unha tecnoloxía que permite mellorar a xestión das infraestruturas de maneira eficiente, segura e sostible.

Este tipo de iniciativas consolidan o compromiso coa innovación no territorio e co desenvolvemento de solucións tecnolóxicas con impacto directo na calidade de vida das comunidades rurais.

Máis información na nova de La Voz de Galicia