Un AGUIA é un ave rapaz de gran tamaño cunha visión extremadamente aguda, fortes garras e un voo poderoso.

AGUIA é tamén unha emprea de intelixencia artificial, que usa imaxes tomadas desde drons para inspeccionar estradas.

Smart Pavement Analytics (SPA) é o futuro da inspección de estradas

Proporcionamos as imaxes, o estado do pavimento, as medicións de gretas e fochancas e calculamos o Pavement Condition Index (PCI) segundo a norma ASTM para a inspección visual. SPA permite a avaliación de miles de quilómetros co nivel de detalle de gretas que só miden uns centímetros.

Caso de uso / 01

Selección de investimentos prioritarios nunha rede de estradas

O SPA proporciona o PCI (Pavement Condition Index) ao longo de miles de quilómetros nunha rede de estradas, permitindo a selección dos tramos prioritarios para o mantemento. Ademais, o PCI responde a un estándar ASTM: o D6433-23.
Caso de uso / 02

Medicións para a elaboración de pregos e proxectos

SPA mide as lonxitudes de greta e as áreas que ocupan as peladuras, peles de cocodrilo e outros danos, polo que facilita a elaboración de pregos ou proxectos de mantemento dunha forma moi áxil.
Caso de uso / 03

Revisión do estado do pavimento antes do comezo dos traballos de reparación

Antes da obra de mantemento, SPA revisa as medicións e o estado xeral da estrada, sendo capaz de realizar unha campaña poucos días antes da realización dos traballos. SPA proporcionará as imaxes, así como a localización dos defectos e as súas medicións, facilitando a planificación previa .
Caso de uso / 04

Xeración de ortoimaxe da estrada

Elaboración con precisión centimétrica da ortoimaxe da estrada e a súa contorna, a partir dos datos obtidos nos voos.

Avaliación obxectiva

O uso da intelixencia artificial permite a obxectivación da análise ao longo de toda a rede analizada, aínda que cada tramo estea separado por miles de quilómetros. Este método asegura a repetitividade da análise, xa que elimina a subxectividade existente nos métodos actuais.

Inspección periódica do 100% da rede

SPA permite a avaliación de redes de miles de quilómetros, ben empregando operadores de drons ou ben utilizando medios propios. A versatilidade e inmediatez do SPA permite realizar varias inspeccións anuais.

Seguridade na inspección

Para a inspección do SPA non se necesita desviar tráfico nin situar operarios na estrada, eliminando o risco de accidentes, mentres a operatividade na vía mantense ao 100%.

Rapidez e calidade

A automatización dos procesos en SPA permiten unha mellora dramática na velocidade de procesamento das imaxes, achegando a calidade adecuada ao posuír unha rastrexabilidade clara dos procesos.

Estandarización segundo ASTM

A análise de PCI do SPA é coherente co estándar ASTM D6433-23, relativo ao Índice de Condición do Pavimento en estradas.

Xeorreferenciación e medición de defectos

A solución SPA proporciona a xeorreferenciación e medicións de áreas e lonxitudes dos defectos xeolocalizados, ao longo de toda a rede de estradas, facilitando a integración en calquera plataforma GIS.