28.04.2025

AGUIA, finalista no Premio Emprendedores da Fundación Línea Directa

A startup foi seleccionada entre as cinco finalistas na 11ª edición do certame, celebrado no IESE Business School de Madrid.

AGUIA foi recoñecida como unha das cinco startups finalistas na 11ª edición do Premio Emprendedores da Fundación Línea Directa, un referente no impulso do emprendemento innovador en seguridade viaria, mobilidade e sustentabilidade.

O evento celebrouse o pasado 24 de abril no IESE Business School, onde os proxectos finalistas foron presentados ante un xurado composto por referentes do ecosistema emprendedor, investidores e representantes institucionais.

A selección como finalista supón un importante recoñecemento ao enfoque innovador de AGUIA e ao seu compromiso cun modelo de mobilidade máis seguro, eficiente e centrado nas persoas.

Desde AGUIA queremos agradecer á Fundación Línea Directa a oportunidade de compartir o noso proxecto nun contorno de alto nivel e xunto a iniciativas de gran valor.

Seguimos avanzando cara a unha mobilidade máis intelixente.