09.06.2025

AGUIA continúa o seu camiño en BFAero: nova etapa no itinerario de consolidación

O pasado 4 de xuño, AGUIA participou no evento de peche da 5ª edición e benvida á 6ª convocatoria do programa BFAero, celebrado no CIAR – Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Lugo). Nesta xornada, marcada pola innovación e o futuro do sector aeroespacial en Galicia, AGUIA foi recoñecida entre os 15 proxectos destacados e recibiu oficialmente o seu diploma de licenciamento.

Durante o acto, compartimos os avances da nosa solución Smart Pavement Analytics (SPA) na mesa redonda de proxectos licenciados, reafirmando o noso compromiso cunha mobilidade máis intelixente, segura e sostible.

Temos o pracer de anunciar que fomos seleccionados para formar parte do itinerario de consolidación da 6ª edición de BFAero, un novo impulso para seguir desenvolvendo tecnoloxía de alto impacto desde Galicia.

SPA é unha solución pioneira no ámbito da inspección automatizada de infraestruturas, que combina visión artificial, imaxes aéreas captadas por drons e algoritmos de intelixencia artificial para detectar defectos no pavimento e outros elementos clave.

Desde AGUIA, agradecemos ao equipo de BFAero polo seu acompañamento e a todos os proxectos participantes por construír unha comunidade de innovación colaborativa.

Seguimos conectando tecnoloxía con territorio. Desde Galicia, cara ao futuro.