17.11.2025

AGUIA recoñecida entre as Top 101 Spain Up Nation 2025

O 12 de novembro, o Teatro Romea de Murcia acolleu a gala central dos Recoñecementos Top 101 Spain Up Nation, organizada por Foro ADR, Enisa e EOI, reunindo ás startups máis prometedoras de España. A nosa empresa foi distinguida co Selo Top 101, un recoñecemento que reforza a nosa visibilidade e credibilidade a nivel nacional e internacional.

Durante a gala, cada unha das 101 empresas seleccionadas presentou o seu proxecto nun pitch de un minuto, demostrando a súa capacidade de síntese e claridade ao comunicar o valor e o impacto das súas iniciativas. Ademais, contou cunha ponencia inspiracional dos cofundadores de Spinnoff titulada “Sangre de Unicornio: cómo ser emprendedor y no desangrarte en el intento”.

O evento concluíu cun espazo de networking que reuniu a investidores privados nacionais e internacionais, startups e representantes da administración pública. A axenda do día seguinte incluíu actividades de networking no Mar Menor, ponencias sobre sustentabilidade e unha mesa redonda sobre sinerxías emprendedoras.

Entre as empresas recoñecidas, 16 contan con financiamento e certificación de Enisa (15,8 %), 27 só con certificación (26,7 %) e 3 só con financiamento (3 %), evidenciando o papel clave de Enisa no impulso do ecosistema empresarial español.

Para máis información sobre a nosa participación e recoñecemento, podes consultar a nosa publicación en Linkedin e a nota oficial de Enisa.